Os clientes do CCA de Redondela escollen como o seu comercio favorito a Info-Coste

Entrega do premio aos responsable do establecemento
Os participantes na iniciativa da Consellería de Economía e Industria Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolveu durante todo o mes de xullo nos establecementos asociados ao CCA de Redondela, elixiron como o seu comercio favorito a tenda de informática e electrónica Info-Coste.
Este negocio, especializado en produtos informáticos e á fronte da cal están dous emprededores novos, foi o que máis clicks recibiu en www.maisquecomercio.com, web na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5€ de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían o seu comercio preferido.
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, que foi a encargada de entregar o diploma ao establecemento máis votado nun acto no que tamén se entregaron os agasallos aos clientes gañadores, salientou que ademais de resaltar o traballo dos centros comerciais abertos, Máis que comercio! ten por obxectivo resaltar os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ao cliente ou a variedade.
A iniciativa da Consellería de Economía e Industria, que en Redondela alcanzou o máximo de participación do mes de xullo, chegando a rexistrar máis de 14.500 participacións, percorrerá Galicia durante todo o ano, desenvolvéndose cada mes en cinco centros comerciais abertos.
Sol Vázquez Abeal lembrou que o impulso ao asociacionismo é un dos eixos da estratexia específica da Consellería de Economía e Industria de apoio ao comercio de proximidade, dentro da cal se inclúe o programa de axudas ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos, nas cales o CCA de Redondela resultou beneficiado con apoios por máis de 40.000 euros.











