Os canoistas do Rodeira proclámanse Campións Galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportes
A-
A+
Os canoistas do Rodeira no podio

Os canoistas do Rodeira no podio

Os canoistas de Real Club Náutico Rodeira proclamáronse campións galegos de pista na categoria C-4 Cadete, durante o pasado fin de semana en Verducido. A maiores, tamén conquistaron 2 medallas máis na modalidade de C-2 nas distancias de 200 m e 1000 m.

O equipo do Náutico foi o gran dominador da categoría Canoa Cadete, conquistando 4 medallas das 5 probas posibles.

Os medallistas foron os seguintes:

C-2 200m    3 º posición para Pablo Graña e Felipe Martin.

C-2 1000m  2º posición para David Barreiro e Felipe Martin.

C-4 1000m  1º posición para David Barreiro, Pablo Graña, Pablo Alvarez  e Santiago Parcero

C-1 1000m  1º posición Para David Barreiro.

Con este campionato péchase a tempada de pista para os deportistas do Náutico, cun balance de 7 medallas en campionatos Galegos e 5 medallas entre campionatos de España e copas de España.

13 de agosto de 2014 | 11:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.