Os alcaldes que se opoñen ó canon de Sogama manterán unha reunión nos vindeiros días
Os alcaldes galegos que continúan opoñéndose á suba do canon de Sogama, volverán reunirse no mes de setembro
Os 25 rexedores que se negan a pagar o 33,5 % dos recibos de Sogama, e dicir, a cantidade que a Xunta de Galicia incrementou mediante unha decisión unilateral, analizarán a situación pola que atravesa a súa postura de oposición.
Un dos asuntos que terá especial interese na próxima xuntanza será o relativo ás contas presentadas no rexistro por Sogama, nas que se reflicte que tivo no ano 2013 un 85 % menos de perdas das que alegara a Xunta de Galicia para subir o canon. Segundo esta información, dos catro millóns que calculaban como perdas desta anualidade, Sogama só perdeu 600.000 €.
Os alcaldes manteñen un contacto permanente e, nos vindeiros días, porán data e lugar para a reunión que van celebrar en setembro.











