Oroso mantén aberto ata o 4 de setembro o prazo de inscrición no programa “Bos días cole”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Concello de Oroso mantén aberto ata o xoves 4 de setembro o prazo de inscrición no programa “Bos Días Cole” para o curso 2014-2015. Trátase dun servizo de gardería e almorzo dirixido a rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos de idade no CEIP de Sigüeiro.

A inscrición pode formalizarse nas oficinas do Centro Cultural, de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde. Cómpre acompañar o modelo de solicitude debidamente cuberto, unha fotocopia da tarxeta sanitaria e unha carta de domiciliación. A documentación debe presentarse no rexistro municipal, xa que a reserva de praza efectuarase por orde de presentación nese rexistro.

“Bos días cole” é unha iniciativa coa que o Concello de Oroso busca facilitarlles aos pais e nais do municipio a conciliación da vida laboral e familiar, xa que lles permite deixar aos cativos nas instalacións do CEIP de Sigüeiro dende as 7:30 horas ata o comezo das clases. Os escolares pasan esas horas con obradoiros de manualidades, lectura de contos e xogos.

12 de agosto de 2014 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.