Orero e Rivada expoñen en Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Baixo o título ‘Paixóns da Terra’, Damián Contreras “Orero” e Xosé Rivada presentan até o día 30 de agosto unha mostra de 24 obras na Sala de Exposicións de Verín.

Acuarelas, acrílicos e técnicas mixtas, con temática diversa (interiores, mariñas, bodegóns e figuración) compoñen as 13 obras que exhibe o Damián Contreras “Orero”. As obras deste verinense que reside actualmente en Vigo por motivos laborais (é profesor na Escola de Arte Dramática de Galicia) cotízanse entre 400 e 800 euros.

Xosé Rivada presenta cinco escultopinturas de temática diversa (mariñas, cabras…) con prezos que oscilan entre 1000 e 2000 euros. A media ducia de esculturas que exhibe están inspiradas nos cigarróns, na figuración humana e animal, nos instrumentos musicais e nos obxectos domésticos, e cotízanse entre os 2000 e os 3000 euros.

A Sala de Exposicións de Verín abre de luns a sábado en horarios comprendidos entre as 10 e ás 14 e das 17 ás 20.30 horas. O día 15 de agosto, con motivo da celebración do día da patroa de Verín, Santa María A maior, a sala permanecerá aberta das 11 ás 15 horas.

14 de agosto de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.