Olga Cuña é designada como representante na Fundación Galicia Obra Social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A presidenta de “Aixiña Ourense”, Olga Cuña, foi designada como representante da Deputación de Ourense no Padroado da Fundación Galicia Obra Social.O nomeamento comunicoullo a institución provincial á Consellería de Facenda por medio dun decreto asinado polo presidente, Manuel Baltar, no que figura que a representación no padroado da fundación terá unha duración de cinco anos, conforme estipulan os estatutos da fundación.

 

Olga Cuñaespecializada en xestión empresarial, está vinculada a Aixiña dende 1989 (daquela denominábase “Auxilia”),entidade na que desenvolveu inicialmentelabores de coordinación, administración e xestión de Recursos Humanos. Posteriormente asumiu a xerencia do centro especial de emprego “Aixiña” realizando asemade traballos de apoio para a integración laboral da discapacidade física na provincia de Ourense. Dende 2011 ocupa o cargo de presidenta da Asociación Aixiña, elixida por unanimidade na asamblea de socios. Olga Cuña é viúva do lembrado Recaredo Paz, Medalla de Ouro da provincia de Ourense.

 

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación)conta cunha ampla traxectoria de traballo e intensa implicación en temas sociais dirixidos á poboación galega. Na actualidade está a avanzar cara un proxecto multidisciplinar onde teñen cabida actividades orientadas acolectivos de maiores, persoas en situación de vulnerabilidade, escolares e temas de medioambiente, formación, migración e oenegés.

 

O padroado de Afundación, herdeira da obra social das caixas de aforro galegas, ten 28 membros, dos cales nove (o 32,1%)correspóndelle a Abanca, catro ao Parlamento, tres á Xunta de Galicia, sete ás grandes cidades galegas, catro ás deputacións e un aostraballadores.

9 de agosto de 2014 | 21:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.