publicidade hoxe

“Oleiros polo Monte” visitará a Serra de Gistredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O programa de sendeirismo do Concello de Oleiros “Oleiros polo Monte” programa unha saída ao Pico Catoute, situado na Serra de Gistredo, na comarca leonesa do Bierzo, para o vindeiro 6 de setembro.

A ruta vai incluír dúas posibilidades complementarias: una grande ruta de sendeirismo ata as lagoas da Rebeza e outra con ambiente de alta montaña, ascendendo ata o Pico da Rebeza e, se o grupo ten condicións, ata La Cernella, máxima elevación da zona.

Entre ida e volta a ruta consta duns 15 Km no percorrido curto e uns 17 Km para o percorrido longo. A Serra de Gistredo é a fronteira norte do Bierzo. A saída será ás 8.00 horas. A inscrición para a ruta poderase facer por correo electrónico a través do enderezo: c.xuventude@oleiros.org, por teléfono chamando ao 981 636 598 ou ben en persoa no centro cultural A Fábrica.

26 de agosto de 2014 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.