Oito partidos amigables para a pretemporada do Santiago Futsal
Serán un total de oito partidos os que xogue o Santiago Futsal esta pretemporada, desde esta mesma semana até o sábado 6 de setembro.
O Santiago Futsal comezará a rolda de amigables este xoves día 14 ás 19 h. no Multiusos Fontes do Sar onde se enfrontará, nun partido de acceso gratuíto para os afeccionados, ao Oviedo Arenas F.S., equipo que milita na Terceira División Nacional.
A seguinte semana terán lugar dous encontros, un deles o primeiro derbi galego da pretemporada. O martes 19 ás 20 h. os de Santiago mediranse a Azkar Lugo F.S. no Pavillón Municipal de Melide. E o venres 22 de Agosto o Santiago Futsal desprazarase a Vigo para enfrontarse ao combinado que formarán Talleres ABC e Vigo 2015 no encontro que se celebrará no Municipal das Travesas ás 20 h, en virtude do convenio de colaboración entre o noso club e o Vigo 2015.
Para finalizar o mes de Agosto, o equipo compostelán terá dúas citas importantes. A primeira o martes 26 no Municipal de Rianxo onde se medirá ao F.S Zamora ás 21 h. E a segunda, os días 29 e 30 de agosto debido á celebración da II Desafío Star Center, o mellor torneo do verán terá lugar no Multiusos Fontes do Sar e que contará coa participación do Burela F.S, Palma F.S e o recentemente ascendido Uruguai Tenerife.
O torneo abrirase o venres 29 con dous encontros de semifinais, que enfrontarán, en primeiro lugar a Burela F.S e Palma F.S ás 20 h. A continuación, ás 22 h., terá lugar a presentación oficial do Santiago Futsal no encontro que disputará ante o Uruguai Tenerife.
O sábado 30 ás 18h. , segundo e último día do torneo, xogarase o 3º posto entre os perdedores das semifinais do día anterior. A final do II Desafío Star Centre será ás 20 h. entre os gañadores das semifinais.
Os últimos partidos da pretemporada terán lugar a primeira semana de Setembro. O mércores día 3 o equipo viaxará a Burela, ao encontro de presentación do Burela F.S no Municipal de Vista Alegre. E para finalizar, a última cita amigable do club será en Ferrol o sábado 6 de Setembro, nun encontro que terá lugar no Municipal da Malata ante o equipo de O Parrulo, conxunto da 2º División Nacional.
Estes oitos partidos servirán aos de Santi Valladares para quentar motores de cara ao comezo da liga o sábado 12 ante a Magna Navarra.
Xoves 14 de Agosto ás 19h
Santiago de Compostela – Multiusos Fontes do Sar
Santiago Futsal vs Oviedo Arenas
Martes 19 de Agosto ás 20h
Melide – PM de Melide
Santiago Futsal vs Azkar Lugo
Venres 22 de Agosto ás 20h
Vigo – PM das Travesas
Talleres ABC/Vigo 2015 vs Santiago Futsal
Martes 26 de Agosto ás 21h
Rianxo – PM de Rianxo
Santiago Futsal vs FS Zamora
29 e 30 de Agosto / II Desafío Star Center
Santiago de Compostela – Multiusos Fontes do Sar
Venres 29 de Agosto:
20h – Burela FS vs Palma Futsal
22h – Santiago Futsal vs Uruguai Tenerife (presentación oficial do equipo)
Sábado 30 de agosto:
18h – Partido polo 3º posto
20h – Final do Desafío Star Center
Mércores 3 de setembro (horario por determinar)
Burela – PM de Vista Alegre
Burela FS vs Santiago Futsal
Sábado 6 de setembro (horario por determinar)
Ferrol – Municipal da Malata
O Parrulo vs Santiago Futsal











