O Santiago Futsal ponse en marcha este luns
Tres meses despois o Santiago Futsal volve ao parqué para porse a punto para a tempada 14-15 que comezará o próximo 12 de setembro. Todo o persoal está citada para o luns ás 12h na sala de prensa do Multiusos Fontes do Sar. Alí serán recibidos polo presidente do club, Ramón García, na que será a primeira toma de contacto dun grupo de xogadores moi renovado.
Da tempada pasada continúan Quintela, Lucho, Hugo, Chus, Santi e Tallón, a estes únense Marcos Vara e Iker para a portaría, MArci, que regresa ao club cinco anos despois, Kristijan, o primeiro croata que xoga na LNFS, e Lucas Birlo e Galego Rodríguez. Estes dous últimos incorporaranse aos adestramentos o xoves 7 de agosto. Ambos dispoñen de permiso do club posto que a liga en arxentina terminou fai tan só unha semana. Nesta pretemporada tamén haberá varios xogadores a proba: Borja González, procedente do Virgili de Cádiz, Cillo, de Inter Movistar B, e Dani Chinés, do Albense. Santi Valladares decidiu contar tamén co xuvenil Iago Otero, que completará a súa primeira pretemporada co primeiro equipo. En total comezarán a traballar 14 xogadores, que serán 16 a partir do próximo xoves.
A semana que vén coñeceranse tamén os partidos de pretemporada. Está previsto xogar 8 encontros, a maior parte deles ante equipos de primeira e segunda división.
O primeiro adestramento será ás 17h no PM de Santa Isabel, lugar onde o equipo traballará durante as dúas primeiras semanas de preparación para logo regresar ao Multiusos Fontes do Sar.











