O Santiago Futsal comeza o traballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Tras o longo parón estival de tres meses, o Santiago Futsal comezou os adestramentos de cara á tempada 14-15. O corpo técnico puido contar con 5 xogadores que continúan da tempada pasada Quintela, Hugo, Chus, Tallón e Santi, xa que Lucho segue co proceso de recuperación da lesión de xeonllo que sufriu a tempada pasada. A estes únense as novas incorporacións de Marcos Vara, Iker López, Marci e Kristijan. Borja González e Dani Chinés, dous dos tres xogadores que están a proba durante a pretemporada baixo as ordes de Santi Valladares, tamén acudiron ao adestramento.

Pola súa banda, o terceiro dos xogadores a proba, Cillo, non puido asistir debido a certos problemas gastrointestinais, pero incorporarase en canto estea en disposición. O xuvenil Iago Otero, que por decisión de Santi Valladares exercitarase co primeiro equipo durante a pretemporada, tamén acudiu ao adestramento. É dicir, un total de 12 dos 16 xogadores que forman actualmente as filas do Santiago Futsal exercitáronse nesta primeira sesión, posto que os arxentinos Lucas Birlo e Galego Rodríguez incorporaranse este xoves 7 de agosto ás filas do club.

5 de agosto de 2014 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.