O San Roquiño pequeno de Vilagarcía rematará co concerto de Xuso Jones
O epicentro das Festas patronais de Vilagarcía trasládase mañá, como cada 15 de agosto, ao barrio de San Roque para celebrar os actos na honra de San Roquiño o Pequeño ao pé da capela. A xornada inclúe actividades litúrxicas e lúdicas neste barrio e polo resto da cidade, onde proseguen a Feira Multisectorial e o salón gastronómico Viñagarcía. Carril acolle o Concurso da Ameixa Cociñada e a xornada rematará con música para todos os gustos: O concerto de Xuso Jones, unha sesión de DJ’s locais e unha verbena.
Os festexos de San Roquiño o Pequeño comezarán ás 10 da mañá cos pasarrúas polo barrio a cargo de Os Terribles de Arousa aos que acompañarán os Xigantes. A misa de San Roquiño fronte á capela comezará ás 11:30 e contará co acompañamento da Coral Santa Eulalia. Ao remate a imaxe do santo percorrerá ás rúas do barrio en procesión co acompañamento da Banda de Música de Vilagarcía e o grupo de gaitas Os Terribles de Arousa, tras a cal, o entorno da capela volverá a ser escenario da tradicional romaría na que se reparte viño e empanada entre os asistentes.
La Rúa Valentín Viqueira volverán a abrir durante toda a xornada os postos da Feira Multisectorial e na Praza da Peixería, o Salón gastronómico de Arousa Viñagarcía, vivirá a súa segunda xornada a partir das 21:00 horas.
A noitiña chega con música e baile xa que o barrio de San Roque acollerá a partir das 22:30 a verbena popular amenizada polos Tres Latinos. Media hora máis tarde, no escenario do Parque da Xunqueira, terá lugar o concerto do popular Xuso Jones, un xove cantante admirado polo público xuvenil. Os artistas locais tamén terán o seu espazo nesta segunda xornada das festas, xa que entre as 22:30 e as 3 da madrugada, o Parque do Cavadelo acollerá unha sesión dos DJ’s da vila, DJ José Vargas, Banana Pride e The Bay View.











