O Río Natura Monbus Obradoiro ficha a Keaton Nankivil
O Rio Natura Monbus Obradoiro chegou a un acordo con Keaton Nankivil para a súa contratación para a tempada 2014/15. Esta á-pivote estadounidense de 2,03 metros e 25 anos procede do Ratiopharm Ulm, onde a pasada tempada disputou a liga Alemá (6.1 puntos e 3.8 rebotes en 20.1 minutos) e a Eurocup (5.4 puntos e 3.1 rebotes en 16.1 minutos).
Formado na Universidade de Wisconsin (2007-2011), de alí pasou directamente ao conxunto xermano, co que disputou tres exercicios antes de porse ás ordes de Moncho Fernández.
“Keaton reúne as características que buscabamos para completar a posición de catro. O seu forte é o tiro, que arma bastante rápido, o que lle confire capacidade para xogar aberto. Ten potencia física e capacidade de salto e aínda é novo, polo que esperamos que connosco poida ampliar os seus rexistros. As tres edicións da Bundesliga e dúas da Eurocup que disputou supoñen unha boa bagaxe para estrearse na liga Endesa”, afirma José Luís Mateo, director xeral do club.











