O Rio Natura Monbus ficha por dúas tempadas a Juanjo Triguero
O Rio Natura Monbus e Juan José Triguero chegaron a un acordo para unir os seus destinos durante as dúas próximas tempadas. Este pivote de 2,08 metros e 30 anos procede da Valencia Basket, co que se proclamou na pasada tempada campión da Eurocup.
Durante a súa dilatada carreira na liga Endesa (272 partidos) tamén defendeu as camisetas de Cajasol Banca Cívica Sevilla e Polaris World Murcia. No seu palmarés figura, ademais, a medalla de prata con España no Europeo U20 de Lituania’2002.
“Con Juanjo incorporamos a un xogador cunhas magníficas pernas, que lle permiten achegar aos seus equipos unha consistencia defensiva importante. En ataque sabe moverse sen balón e a súa actividade e rebote tamén nos permitirán sumar. Faranos mellores cada día porque vai ao cento por cento en cada adestramento e será tamén un xogador importante no vestiario”, afirma o director xeral do club, José Luís Mateo.











