publicidade hoxe

O profesor xaponés Takekazu Asaka presenta en Cambados o seu libro ‘Cantanta a Cabanillas’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosLocal Portada
A-
A+

O profesor da Universidade Tsudajuku de Tokyo, Takekazu Asaka, presenta o seu libro Cantata a Cabanillas este mércores, ás 21 horas, no auditorio da Xuventude. Este volume xa o presentar en novembro do pasado ano en Toquio (subtitulado en xaponés Galiza, canzón da alma) que para a súa edición contou coa colaboración da Secretaría de Estado de Cultura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de España e coa da Embaixada de España en Xapón, e tamén coa colaboración do Concello de Cambados.

Como complemento musical á presentación deste libro, ofreceránun recital a pianista Rika Nishikawa e a soprano Miho Haga, que interpretarán temas baseados en poemas do poeta cambadés.

Takekazu Asaka, autor do libro Cantata a Ramón Cabanillas (subtitulado en xaponés Galiza, canzón da alma), é profesor de Filoloxía Románica da Universidade Tsudajuku de Toquio, cidade onde naceu e na que leva moitos anos facendo de auténtico embaixador da lingua e da cultura galegas.

 A soprano Miho Haga graduouse no Departamento de Música Vocal do Conservatorio de Toquio e estudou ópera no Conservatorio de Milán.

 A pianista Rika Nishikawa estudou no Departamento de Piano de Conservatorio de Toquio, cursou o doutoramento no Conservatorio de Madrid e participou nas xornadas de “Música en Compostela”, onde coñeceu Antón García Abril, que musicara textos de Rosalía de Castro e de Ramón Cabanillas.

4 de agosto de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.