O presidente español promete que o Goberno enviará medicamentos aos países afectados polo Ébola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+
Europa Press

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, comprometeuse este xoves a que España proporcionará axuda aos países afectados polo Ébola, de forma que enviará medicamentos “para evitar que se siga propagando a epidemia e curar” aos infectados por este virus.

Durante unha reunión con dirixentes do PPdeG celebrada en Vilanova de Arousa (Pontevedra), Mariano Rajoy desvelou que mantivo unha conversación coa presidenta de Liberia, quen lle solicitou axuda. “Prometinlle axuda e ímolo facer”, proclamou.

Así mesmo, Rajoy tamén se referiu á reunión que haberá este venres en Bruxelas para abordar, entre outras cuestións, a situación de Libia e a de Gaza. Nese foro, España vai propoñer que se inclúa en orde do día a petición dun incremento de axuda aos países afectados polo Ébola: Guinea, Liberia, Nixeria e Serra Leoa.

Acerca da morte de Miguel Pajares, infectado polo virus do Ébola, Rajoy subliñou que o Executivo español “sentiu como propio o drama” deste relixioso, que faleceu o pasado martes tras non poder superar “unha enfermidade difícil”.

Sobre Miguel Pajares, dixo que persoas así “dan exemplo a todos”. “O único que fixo na súa vida é facer o ben”, destacou Rajoy, quen fixo fincapé en que, por iso, persoas como el “merecen ser recoñecidas”.

14 de agosto de 2014 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.