O presidente do PP coruñés cre que está claro que a voz de ‘Josman’ non era a do alcalde de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrolLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O alcalde da Coruña e presidente provincial do PP coruñés, Carlos Negreira, manifestou, sobre a instrución da Operación Pokémon e a imputación do rexedor ferrolano, José Manuel Rey Varela, que “está a quedar ben claro” que a voz de ‘Josman’ -que Vixilancia Aduaneira identificou coa do tamén presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)- “non era a do alcalde de Ferrol”.

“E polo tanto non tería que estar nese asunto como está agora”, sentenciou Negreira ao ser preguntado polas sospeitas da xuíza instrutora Pilar de Lara de que houbese ‘dous Josman’.

En concreto, a xuíza puxo en dúbida a “veracidade” do testemuño do colaborador do PP ferrolano José Manuel Vilaboy Lois e pediu outra pericial fonométrica “complementaria” para determinar se a súa voz “é ou non” a do interlocutor do delegado de Vendex, José María Tutor, a quen os axentes de Aduanas identifican como ‘Josman’, en dúas conversacións incluídas no sumario da causa.

4 de agosto de 2014 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.