O prazo para solicitar axudas de apoio a escolarización en Oleiros permanecerá aberto ata o 12 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros manterá aberto o prazo para solicitar axudas a escolarización ata o próximo 12 de agosto. Coa recente publicación da listaxe provisional das solicitudes de apoio á escolarización, ábrese un novo período para completar aquelas solicitudes incompletas, pendentes de documentación, para poder ser valoradas.

As axudas de apoio á escolarización son unha das medidas contra a exclusión social establecidas pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros, coas que se trata de apoiar a aquelas familias que se atopan nunha situación mais desfavorecida nos gastos extraordinarios que provoca o inicio do curso escolar.

Na convocatoria deste ano para o curso 2014/15 presentáronse 132 solicitudes para un total de 221 menores dos distintos centros educativos que hai no municipio. A exposición pública faise no taboleiro de edictos do Concello de Oleiros e no do Departamento de Servizos Sociais.

Esta documentación é imprescindible para poder valorar a solicitude e poder resolver as axudas. A documentación deberá presentarse no Rexistro Municipal do Concello de Oleiros ou en calquera dos rexistros que establece a lei de procedemento administrativo.

1 de agosto de 2014 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.