O Pleno da Deputación de Pontevedra destinará 1,2 millóns á remodelación da Casa de Cultura do Esteiro, en Vilanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVilanova de Arousa
A-
A+

A Deputación de Pontevedra aprobou, na súa sesión plenaria celebrada hoxe, unha modificación de crédito por 1,2 millóns de euros, votada a favor polo PP e en contra por PSOE e BNG, destinada á conversión en Auditorio e remodelación integral da vella Casa de Cultura de O Esteiro, en Vilanova de Arousa.

Os traballos previstos comezarán en setembro e rematarán o vindeiro ano. Teñen un presuposto total de 1.350.806 euros, dos que a Deputación aportará 1,2 millóns hoxe aprobados e o resto serán aportados polo Concello.

O proxecto de remodelación da Casa de Cultura de O Esteiro ten como obxectivo convertela nun edificio funcional e polivalente. A principal actuación será no Auditorio onde se ampliará o salón de actos que hoxe ten unha capacidade para 150 persoas e será ampliado ata dar cabida a 300 butacas e amplos espazos para camerinos, escenario, etc.

A remodelación do actual edificio, que data dos anos 80, permitirá que pase dos 800 m2 de superficie útil actual ós 1.300 m2 previstos.

1 de agosto de 2014 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.