publicidade hoxe

O PH da auga do río Tea regresan á normalidade despois da vertedura en Ponteareas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMondarizSucesos
A-
A+
Europa Press

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) confirmou este luns que os parámetros do PH da auga do río Tea “xa tenden á normalidade” tras a vertedura de sosa cáustica rexistrada na madrugada do pasado venres, segundo datos da Estación de Control de Ponteareas, que “segue facendo probas puntuais”.

Esta entidade é a encargada de “avaliar os danos” e desenvolver o informe durante esta semana. O comisario de augas da CHMS, Xoan Novoa, indicou que, entre as súas competencias, atópase o relativo á “calidade de augas, pero non a mortaldade de peixes”.

Así as cousas, confirmou que están a tomar mostras para poder tipificar a vertedura, tendo en conta que non estaba autorizada a chegada da sosa cáustica á canle fluvial, engadiu.

Pola súa banda, o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Guadia Civil tomou declaración ao traballador de Augas de Mondariz responsable da vertedura duns 3.000 quilos de sosa cáustica ao río Tea (Pontevedra), que provocou a morte duns 500 quilos de peixes na madrugada do pasado venres.

O director da planta da empresa embotelladora Aguas de Mondariz, Alberto Cabadas, indicou que “por agora” non pode dar máis información, xa que o traballador aínda non concluíra o seu testemuño ante o encargado da investigación do Seprona.

4 de agosto de 2014 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.