O Palma Futsal supera na final do II Desafío Star Center ao Santiago Futsal
O Palma Futsal faise co Trofeo II Desafío Star Center nun partido no que venceu ao Santiago Futsal, que tivo varias ocasiones pero que non foi capaz de materializar ningunha.
O Santiago saíu á pista de Sar ben plantado e demostrando que as novas pezas deste equipo están a encaixarse a medida que avanza a pretemporada. A boa noticia é que Lucas Bolo puido debutar co primeiro equipo en Sar.
Foi o Palma o que se adiantou no marcador no minuto 5 cun gol de Chicho. Sen case tempo para asimilar o primeiro gol do conxunto balear, chegou o segundo das botas de Tomaz, que cun tiro desde fóra de área bateu á meta compostelán no minuto 7 de partido.
O Santiago Futsal apertaba e chegaba á área contraria. Dani Montes e Gallego tiveron as ocasións máis claras da primeira parte. O de Salamanca nunha xogada individual cuxo tiro saíu desviado, e o arxentino, a falta de 16 segundos para finalizar a primeira parte, nun tiro que se foi por escasos centímetros por encima do traveseiro a porta baleira.
Tras o descanso os de Santi Valladares saíron á pista coa intención de darlle a volta ao marcador, pero o gol de Paradynski no minuto 30 puxo o partido costa arriba para os de Santiago, que chegaban á portaría contraria pero non lograban bater a Carlos Barrón. Diego Quintela e Hugo tiraron do equipo con garra, pero as ocasións dos galegos non atopaban portaría. Co marcador de cara para os baleares, Iker López detería o lanzamento de dobre penalti de Taffy. Sen tempo para máis, o partido finalizou cun resultado de 3-0 favorable aos mallorquinos que conquistaron o Torneo Desafío Star Center.
O Santiago Futsal deixa boas sensacións na súa presentación oficial ante a súa afección, e marca o rumbo dunha tempada que se presenta ilusionante para o conxunto compostelán.
Ficha Técnica:
Palma Futsal 3: Carlos Barrón, Taffy, Sergio Gonzáez, Chicho e Vadillo – cinco inicial- Burrito, Lemine, Joao, Sergio González, Tomaz e Paradynski
Santiago Futsal 0: Marcos Vara, Chus, Galego, Diego Quintela e Lucas Boli – cinco inicial- Pablo Tallón, Dani M., Hgo Sánchez, Kike, Borja e Iago Otero
Árbitros: Ferrero Carballar e Montero Garrido (Comité Galego) Amoestaron con cartón amarelo a Lucas Bolo (cartón amarelo e cartón vermello) polo Santiago Futsal e a Chicho, Vadillo, Taffy e Paradinsky pola Palma Futsal.
Incidencias: Final do II Desafío Star Center no Multiusos Fontes do Sar cunha asistencia de 500 persoas
Goles: 1-0 Min. 4 Jesús Jiménez, 2-0 Min. 7 Tomaz, 3-0 Min. 30 Paradynski











