O goberno vigués finalizará a rehabilitación do entorno das prazas de Argüelles e Princesa este ano

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

Abel Caballero anunciou este xoves a aprobación do expediente de contratación da mellora e rehabilitación das prazas da Princesa e Argüelles e a conexión entre ambas, incluindo a supresión dos locais comerciais baixo as escaleiras. Os traballos comezarán a finais de setembro ou comezos de outubro para rematar antes de concluir o ano.

Trátase dun “proxecto importantísimo”, en verbas de Abel Caballero, que fará posible “volver a por en marcha o corazón do Casco Vello de Vigo”. O proxecto contratado inclúe a remodelación e mellora da praza da Princesa e da praza de Argüelles, tamén a subida á mesma incluindo a supresión dos comercios.

As obras -orzamentadas en 350.000 euros- darán comezo a finais do mes de setembro ou inicios de outubro e se estima a súa finalización para antes de rematar o presente ano. É un “proxecto de mellora e rehabilitación excepcional do verdadeiro corazón do Casco Vello de Vigo”, apuntou o rexedor, quen engadiu que “queremos que a cidade recupere ese espazo” grazas a esta actuación.

14 de agosto de 2014 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.