publicidade hoxe

O goberno de Oleiros investirá máis de 130.000 euros en pavimentar varias rúas do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros sacará a contratación a renovación do pavimento en varias rúas do municipio. Estes traballos prevén o asfaltado de gran parte da rúa Río Eume, na urbanización Os Regos, o asfaltado da praza de Galicia, en Santa María de Oleiros,e renovación do lastrado en rúa Buccino, no contorno da praia de Naval. O investimento total nestes traballos é de 77.879 euros.

Tamén serán renovadas nun proxecto similar as rúa Campo das Becerras, rúa Aguia, rúa Carlos Manuel Céspedes. Ademais se executará unha mellora estética na rotonda da Rúa do Sendeiro. O investimento total nestas obras ascende a 58.433 euros.

13 de agosto de 2014 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.