O Fabril xa está en cuartos de final da Copa Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

O Fabril derrotou onte á noite (3-1) en Abegondo ao Laracha e clasificouse para os cuartos de final da Copa Deputación. Toni Insua, o xuvenil Óscar, e un tanto en propia porta visitante valeron o pase á seguinte rolda.

O rival do filial deportivista será o Olímpico de Rutis ou o Soneira. En calquera caso, o encontro será o domingo 10 de agosto lonxe de Abegondo. O vencedor, a partido único, accederá ás semifinais.

Fabril: David, Toni Insua, Jorge, Róber, Deak, Iago, Juan, Adrián, Óscar, Anxo e Cardoso. Tamén xogaron: Callón, Samuel, Sidibe e Gabi.

O calendario de pretemporada do filial deportivista é o seguinte:

ARZÚA 1 -FABRIL2 (Iago)
SELECCIÓN DA Costa da Morte 2 -FABRIL 1 (Tiago)
Copa Deputación, dezaseisavos de final: PAIOSACO 0 -FABRIL 2 (Cardoso e Cañi)
Copa Deputación, oitavos de final: FABRIL 3 (Toni Insua, Óscar e un rival en propia meta) – LARACHA 1
10 de agosto, Copa Deputación, cuartos de final: OLÍMPICO DE RUTIS ou SONEIRA – FABRIL
17 de agosto: LARACHA -FABRIL, no Municipal de Laracha

7 de agosto de 2014 | 11:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.