O descenso do paro en Mos alcanza os índices do comezo de lexislatura
O índice de desemprego leva baixando progresivamente en Mos dende o pasado mes de febreiro. Tras seis meses de descenso do paro, o municipio mosenes ten, a día de hoxe, 194 veciños e veciñas menos en situación de desemprego.
A última estatística sobre as cifras do paro na comarca de Vigo, con data do pasado mes de xullo, indicaba que o número actual de desempregados mosenses ascende a 1.679, cifra que supón 46 veciños en paro menos que o anterior mes de xuño. A porcentaxe do descenso do desemprego en Mos dende xaneiro de 2014 ata a actualidade é do 10,12%.
Dende febreiro os datos do paro doConcellobaixaron progresivamente ata alcanzar niveis de desemprego do comezo de lexislatura. A sensibilidade social cara a todo o que se refire aos datos do paro, o principal problema diario da economíamosense, esixe unha especial cautela á hora de facer interpretacións sobre a evolución do mercado laboral.
Tendo en conta esta necesidade de cautela, respecto desta boa nova o concelleiro de Formación e Emprego e tenente alcalde mosense, Óscar Soto, declarou hoxe que “non obstante, e evitando os triunfalismos, debemos de considerar os datos de descenso do paro en Mos como optimistas e como un punto de inflexión. Nos primeiros 6 meses do 2014, deixouse de destruír emprego, e iso xa é importante. O próximo paso é ser capaces de xerar emprego, e emprego estable. O noso municipio, o terceiro en número de empresas da provincia, viuse tremendamente castigado neste período de crise: o peche de empresas, Expedientes de Regulación de Emprego, presentación de concurso, etc. As políticas desenvolvidas dende Alcaldía en busca de novas empresas no territorio, así como o asentamento do Polígono deVeigadañae a súa constatación como un dos máis dinámicos da Comunidade Autónoma galega, contribuíron a contrarrestar os efectos negativos, das numerosas empresas en crise do municipio”.
Así mesmo, as políticas de emprego deseñadas dende oConcelloe en colaboración con outras administracións, contribuíron de xeito moi significativo á mellora destes datos. A sensibilidade doConcellocara á súa principal prioridade (a loita contra o desemprego), levouno a conseguir ser o únicoConcelloxunto ao de Santiago de Compostela ao que se lle adxudicou unhaAxencia de Colocación. Actualmente trabállase no desenvolvemento da aplicación informática e a progresiva implantación da nova marca, que substituirá á deCDL (Centro de Desenvolvemento Local)deMos. O pasado venres a páxina de FacebookdoCDLdeMosmigraba xa á da nova marcaAxencia de Colocación, e todos os seus usuarios recibían comunicación desta migración. Baixo o paraugas desta nova marca, desenvolvésense todas as políticas de emprego doConcello.











