O departamento de xuventude de Cangas ultima os preparativos das Festas do Cristo 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Concellería de Cultura, Educación, Patrimonio, Xuventude e Voluntariado, a través da Comisión de Festas, está traballando estes días no peche dos últimos detalles do programa festivo das Festas do Cristo 2014. O departamento que dirixe o concelleiro José L. Gestido xa ten preparada unha programación cargada de eventos e actos socioculturais que comezarán o vindeiro 22 de agosto e estenderase ata o martes 2 de setembro. Especialmente sinaladas serán o 23 de agosto, día da lectura do pregón desta edición así como o domingo día 31, día grande, coa celebración de actos relixiosos e o tradicional espectáculo pirotécnico. Antes celebrarase unha nova edición do Canjazz que servirá para quentar motores de cara a festa grande canguesa.

Un dos aspectos que está por definir é o deseño do cartel deste ano xa que o prazo para presentar propostas remata o vindeiro 4 de agosto polo que non será ata o próximo sábado 9 cando a Comisión de Festas presente de xeito oficial o programa definitivo das festas así como o cartel e a revista deste ano.

2 de agosto de 2014 | 15:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.