O Concello de Vilagarcía salva os obstáculos para subministrar enerxía ao alumeado público do Bosque de Desamparados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A urbanización do Bosque de Desamparados disporá en cuestión de días de alumeado público. A problemática xurdida polas diferencias entre a Xunta de Compensación e a promotora das obras, impedía ao Concello recepcionar a obra para poder tramitar a conexión eléctrica ante a compañía subministradora. Despois de diversas xestións realizadas polo edil de servizos, Xesús Longa, os obstáculos salváronse e xa se tramitaron os correspondentes permisos a Unión Fenosa- Gas Natural.

Chegado a acordo coas partes, o Concello dirixiuse xa á compañía eléctrica para solicitar a conexión da súa rede subministradora ao alumeado público de Desamparados. A administración pregou a maior dilixencia á empresa para poder dar servizo canto antes aos veciños e usuarios desta urbanización, polo que se espera que a iluminación poida estar operativa en cuestión de días.

A conexión do alumeado público en Desamparados era un asunto que preocupada a Longa, xa que a problemática que impedía realizala remóntanse xa varios ao mandato anterior debido ao conflito que mantiña a Xunta de Compensación coa promotora que se encargou de facer a obra de urbanización.

12 de agosto de 2014 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.