O Concello de Vilagarcía avanza nas labores de posta a punto dos colexios do municipio
A concelleira de Educación, Rocío Llovo, e a de Obras, Ana Granja, visitaron esta mañá algúns dos centros educativos nos que operarios de diversos servizos municipais están levando a cabo tarefas de posta a punta de cara ao inicio do vindeiro curso escolar. Os traballo iniciáronse este ano a finais do mes de xuño polo que a actuación está moi avanzada polo que se prevé que todos os colexios estean en perfectas condicións a inicios de setembro.
As labores que se están realizando consisten en pequenos arranxos e carpintería e albanelería, reposición de peches de recintos exteriores, pintado de aulas e fachadas, reparacións de fontanería, limpeza de canaletas e baixantes de recollida de pluviais, poda e acondicionamento das zonas axardinadas.
As concelleiras desprazáronse xunto co responsable de Obras ao recinto escolar da Lomba para facer seguimento das actuacións que realizadas e as que se están executando nestes intres. O responsable de Obras comentou que na Escola Infantil do vagalume limpáronse as canalización de pluviais do terrado e arranxouse un tramo da mesma. Pintouse a sala de xogos, retirouse unha base de formigón do patio e repuxéronse lousas.
No colexio Arealonga estábase actuando hoxe na poda das árbores situadas entre a casa do conserxe e o módulo de Educación Infantil. Tamén se estaban acometendo as obras de substitución do peche exterior do recinto no tramo comprendido entre o Vagalume e a parada de autobuses e se pintaron as portas de entrada. No que ao propio colexio se refire, estábase pintando da fachada e xa se rematara o pintado de bancos, papeleiras e varanda da rampla de acceso, así como a impermeabilización con resina de caucho da cornixa da terraza situada enriba da entrada principal do edificio.
No colexio da Lomba pintáronse as aulas e de seguido farase o mesmo no comedor. Na zona de cociñas alicatáronse os corredores para evitar o roce das paredes coas carros de servir a comida e arranxáronse dúas arquetas. Tamén está previsto alicatar a franxa inferior dunha parede do comedor onde se apoian as mesas. No patio pintáronse as porterías de fútbol que tamén se fixaron para garantir a súa estabilidade e evitar movementos.
Outra das actuación que se están efectuando estes días é a reposición de 80 metros da rexa do recinto exterior do colexios de Educación Especial, no tramo que linda coa Rúa Marxión. No Anexo A Lomba xa se limparon as canaletas de recollida de pluviais e na Escardia pintáronse aulas.
Aparte das obras visitas hoxe polas concelleiras, o Concello está actuando en outros centros educativos do municipio para atender as demandas de mantemento sinaladas a final de curso polas directivas dos respectivos colexios, escolas unitarias e de Educación Infantil. Mañá está previsto que tamén se desprace persoal ao colexio de Carril.
Colaboracións coa Consellería de Educación
Por outro lado, cómpre lembrar que o Concello tamén colabora mediante a achega de man de obra na realización das obras de mellora da instalación eléctrica e do sistema de calefacción do colexio A Lomba, obra na que a Xefatura Territorial de Educación inviste 22.000 euros e que tamén se está acometendo. Tamén coa colaboración municipal, neste caso económica, estase a proceder á reposición da cuberta do colexio Rosalía de Castro.











