O Concello de Vigo achega 9.000 euros á Asociación de Veciños Monte da Mina
O alcalde, Abel Caballero, asinou este xoves o convenio de colaboración coa entidade veciñal, 9.000 euros de aportación municipal para financiar as súas actividades e cooperar na xestión do viveiro de asociacións para o fomento das súas accións, do asociacionismo e da participación cidadá.











