publicidade hoxe

O Concello de Tomiño aproveita o verán para mellorar as condicións dos centros educativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

A Concellería de Educación do Concello de Tomiño, que dirixe Olga Orduña, está a levar a cabo obras de mantemento realizadas en colexios de Infantil e Primaria do municipio, aproveitando o receso escolar, nos colexios de Goián, Sobrada, Forcadela, Barrantes, Tebra, Figueiró, Escola Infantil do Seixo (pintura total das instalacións, mellora do patio e accesos), etc.

No colexio público de Goián lévase a cabo o pintado exterior das aulas de infantil; no de Figueiró (Educación Infantil), arranxo do patio; no de Tebra, arranxo da cuberta no pavillón.

Ademais, no colexio de Barrantes, arranxaranse as vaias do recinto e os portais, procedendo asemade á pintura total do centro de Primaria e Infantil de Sobrada; colocando tarima e falsos teitos.

Por último, na escola infantil do Seixo, estase a pintar todas as instalacións, mellorando os accesos ao edificio e o patio, onde se eliminará un pozo de auga que permitirá contar con máis espazo para as actividades do alumnado.

Tamén no verán do ano pasado, realizáronse obras por valor de 80.000 euros; entre elas a pintura completa das instalacións do CEP Pedro Caselles Beltrán (Tomiño) e do CEIP Pintor Antonio Fernández (Goián); pintado e instalación eléctrica da aula do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Taborda; acondicionamento do chan do patio cuberto do CRA de Figueiró e reparación do parque infantil. En Sobrada, realizáronse traballos de carpintería e no CEIP de Barrantes, e arranxouse a pista deportiva.

A concelleira de Educación, Olga Orduña, explica que cada vez, son máis as necesidades dos centros que deben cubrirse desde o Concello, de modo que o goberno local “segue a apostar firmemente pola educación pública dos nenos e nenas de Tomiño”.

Neste sentido, compre lembrar a ampliación da partida de emerxencia social destinada a axudar durante o verán ás familias con nenos e nenas en idades escolar, así coma a creación de novas subvencións para a compra de libros e material escolar, compatibles con outras axudas da Administración Autonómica ou Estatal.

12 de agosto de 2014 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.