O Concello de Teo comeza as obras de reposición da cuberta da escola infantil de Calo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Concello de Teo contratou as obras de cubrición da cuberta da escola infantil de Calo polos problemas de humidade que se tiñan detectado no inmoble. Os traballos estanse facendo durante este mes de agosto e agárdase que estean rematados antes de setembro, cando comeza o novo curso.

Dende o Departamento de Benestar acordouse que esta obra “resultaba prioritaria e necesaria polos problemas que causaban as deficiencias na cuberta no resto do edificio” explica o concelleiro da área, Ignacio Iglesias. O custe da obra achégase aos 60.000 euros.

Nestes momentos xa se está traballando e o groso da actuación é a instalación dun novo material de cubrición, paneles metálicos tipo sandwich, enriba da cuberta actual. Ademais desto tamén se actuará no interior do inmoble, concretamente nos aseos interiores onde se tratará o tema das humidades. Finalmente faranse traballos de pintado nalgunhas zonas.

O funcionamento da escola infantil fixo que se decidiran facer os traballos no mes de agosto, para así interromper minimamente no desenvolvemento da actividade. Nestes días a maioría dos nenos e nenas que asisten á escola están no seu período de vacacións. De todas maneiras facilitouse a posibilidade de que os que siguen asistindo, un número moi escaso, asistan ao centro da Ramallosa, tamén municipal. A escola infantil de Calo comezará o mes de setembro cunha matrícula de ó redor de 60 nenos e nenas de 0 a 3 anos.

8 de agosto de 2014 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.