O Concello de Pontevedra traballa na reparación da tubaxe averiada que deixou sen auga a Marín e Bueu
O Concello de Pontevedra traballa dende primeira hora de hoxe en dar solucións á rotura da tubaxe de auga potábel que causou a falta de suministro aos concellos de Marín e Bueu. O concelleiro Raimundo González estivo en contacto en todo momento coa empresa concesionaria do servizo, Viaqua, que tivo coñecemento do acontecido arredor das 09.30 horas da mañá, e dende ese momento traballa para arreparar a avería e de minimizar os seus efectos.
Logo de supervisar toda a tubaxe central de abastecemento, a avería foi localizada na galería de servizo, na avenida das Corvaceiras, antes de chegar a praza do Gremio dos Mareantes. Trátase dunha rotura da tubaxe de 500 metros cúbicos que suministra a Marín e Bueu. Viaqua tivo que facer uso de mergulladores para localizar a avería, dado que a galería de servizo neste punto está anegada.
Unha vez localizada e logo de visualizar a rotura a través dunha gravación realizada polos mergulladores, cortaron o abastecemento deste punto da rede, e comezaron a cargar a tubería de 200 metros cúbicos que abastecede ao núcleo de Estribela para abastecer aos núcleos máis altos de Marín.
En todo momento estívose en contacto cos concellos de Marín e de Bueu que comezaron a empregar vías alternativas de suministro para manter os seus núcleos (a Escola Naval, acuíferos naturais…).
Aínda que se fixeron todos os esforzos para tratar de iniciar a reparación de inmediato, a intendencia e as maquinaria necesaria para reparar a avería non estará dispoñible até o luns. Será preciso seccionar con maquinaria pesada a galería de servizos (de formigón armado), para logo evacuar a agua e iniciar coa reparación. Segundo as estimacións da empresa concesionaria do abastecemento de auga potábel en Pontevedra, os traballos durarán, alomenos, tres ou catro días.
Trabállase coa presión de restablecer canto antes o suministro aos veciños de Marín e de Bueu, pero inicialmente a prioridade era garantir o abastecemento aínda que fose por vías alternativas, como finalmente se fixo. O Concello de Pontevedra confía en que a avería se solucione canto antes e evitar inconvintes aos veciños de Marín e de Bueu que reciben a auga do Lérez a través desta tubaxe.
Os responsables dos Concellos de Pontevedra, Marín e Bueu e os técnicos da empresa Viaqua están en contacto permanente para ter datos en tempo real da situación e tratar de solventar os inconvintes que vaian surdindo.











