O Concello de Ourense volve a reducir o número de sinistros en materia de tráfico e seguridade vial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

Unha das competencias máis importantes da Policía Local é a investigación e estudo dos accidentes de tráfico. Neste senso a cidade de Ourense ve un descenso do 15% no número de siniestros, o que implica un descenso dos mesmos por 5º ano consecutivo, gracias ao incremento da presencia policial e de controis de tráfico, que realizan unha dobre función: disuasoria e preventiva, e provocan a sensibilización dos conductores e o respeto ás normas.

Un apartado importante no eido da siniestralidade é o referido ao número de atropelos, que ten motivado nos últimos anos o incremento de accións formativas, de educación vial dirixidas principalmente a peóns de menos de 14 anos e maiores de 60, idade con máis risco de atropelo vencellado ás súas limitacións físicas.

Así mesmo, a Concellería de Tráfico e Policía Local ven de valorar moi positivamente os datos relativos ás actuacións realizadas en materia de delitos e faltas pasando das 732 actuacións no ano 2012, a 681 no ano 2013, sendo o apartado onde máis diminuiron as actuacións en materia de furtos e reoubos a persoas (165), danos (145) e roubos e furtos a establecementos (76).

“É importante destacar que habendo menos actuacións, se incrementarton as detencións, o que implica que ten mellorado a actuación e resposta policial” segundo os responsables da Concellería.

Neste senso 19 dos detidos, están vencellados a casos de violencia machista, onde tamén se produce un descenso cuantificativo con respecto a o ano 2012 e a importancia dun descenso do 31% na comisión de actos vandálicos, molestos e gravosos para a sociedade e o Concello e que amosan a preocupación e esforzo do corpo de policía por controlar, persuadir e evitar este tipo de comportamentos.

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Tráfico e Policía Local desenvolve un traballo esencial en materia preventiva levada a cabo polos axentes en vixiancias estáticas e dinámicas, que levan aparellada unha acción disuasoria na comisión de delitos. Esta función dos axentes de seguridade é esencial para o descenso nas actuacións relativas aos delitos e faltas.

Actualmente o Departamento de Tráfico e Policía Local conta cunha plantilla total de 132 efectivos: 118 policías, 5 oficiais, 4 inspectores, 3 inspectores principais, 1 superintendente e 1 intendente jefe co repartoi de tarefas que se diversifica en función das necesidades e que se podería indicar con 44 servizos especiais e extraordinarios e 430 servizos ordinarios e 262 comparecencias xudiciais, circuntancias para as cuales se produce a duplicidade de efectivos.

Central de Comunicacións

Dende a Concellería de Tráfico e Policía Local atendeu 14.158 requerimentos, xestionados polo Centro Neurálxico do Servizo policial e de atención telefónica que ten coma labor prioritaria a recepción de información, coordinación e transmisión da mesma atendendo aos servizos en función da gravidade, a urxencia e a prioridade, cos efectivos axeitados e aplicando os protocolos correspondentes.

Esto implica un 2% máis con respecto ao ano anterior e sendo os requerimentos máis frecuentes os relacionados cos vehículos mal estacionados (1764), accidentes de circulación (1.656), vados ocupados (961) e a colaboración cidadá (669).

A este traballo de atención e asistentencia se suma a función tradicional da Policía Administrativa, que xenera un importante volume de traballo relativo a comprobacións, vixiancias e en xeral, o cumprimento da normativa municipal vixente.

A labor da Polcía administrativa inclúe unha parte correctora, para que os conductores desistan de infrinxir a normativa de tráfico, iniciaándose no 2013 19.700 expedientes administrativos a maioría por infraccións leves (11.900, fronte aos 21.100 do ano anterior), cun descenso nos 3 tipos de infraccións (leves, graves e moi graves) sendo as máis habituais os estacionamentos indebinos na zona ORA (9.700), seguido das zonas de carga e descarga (2.394) ou aqueles estacionamentos que constitúen un obstáculo para a circulación ou os peóns (1.918) e 3.900 vehículos retirados da vía pública, sendo as zonas máis frecuentes a Praza Eduardo Barreiros, a rúa Cruceiro Quebrado, o recinto do CHUO ou a rúa Lorenzo Fernández Xocas.

Campañas divulgativas e de concienciación

Dos controis preventivos que leva a cabo este Corpo, destacan dunha banda aqueles cuxo obxectivo é a concienciación cidadá sobre as normas de circulación, estacionamento… permitindo así unha cidade máis segura e transitable, os controis de ámbito municipal a establecementos de hostalerúa (488 establcementos controlados) e os lugares de interese social como aqueles nos que é frecuente a práctica do “botellón”, cun total de 988 controis e 28 denuncias tramitadas.

No ano 2013 se realizaron actividades en colaboración así mesmo, coa Concellería de Educación, nas que participaron máis de 5.800 alumnos e alumnas dos centros de ensino da cidade, a través do Parque Infantil de Tráfico (2.200), congresos, proxectos, concursos… e a propia Policía Local incorporou un módulo de educación vial sobre a prevención de atropelos e visitas semanais de escolares para coñecer as instalacións e o traballo dos corpos e forzas de seguridade, coa participación de 386 alumnos e alumnas.

7 de agosto de 2014 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.