O Concello de Ourense abre o prazo de inscrición nos cursos para maiores de 60 anos
O Concello de Ourense leva a cabo un ano máis, e no marco do Programa de Promoción da Autonomía persoal e prevención da dependencia da Concellería de Benestar social, unha serie de cursos dirixidos ás persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Ourense.
Todos aqueles interesados ou interesadas poden presentar a súa solicitude, a partir do martes 2 de setembro e ata o venres, día 12, nas oficinas da Concellería de Benestar Social, sitas na rúa Bispo Carrascosa, nº 14 e en horario de mañá, de 9.00h a 13.00h ou ben, en horario de tarde de 16.00h a 20.ooh, na Oficina de Atención ao Cidadán, na Praza de Santa Eufemia, 6 baixo.
As solicitudes deben ir acompañadas da fotocopia do DNI, o volante de empadroamento no Concello de Ourense, certificado de ingresos do solicitante, e en caso de non ter ingresos propios os do cónxuxe e informe médico, no caso daqueles cursos que impliquen unha actividade física.
A listaxe completa dos cursos dispoñibles é a seguinte:
– Iniciación á informática: 4 grupos
– Informática- nivel perfeccionamento: 4 grupos
– Informática- nivel avanzado: 2 grupos
– Pintura: 3 grupos
– Manualidades: 2 grupos
– Música
– Teatro
– Curso de Actividade física e memoria
– Risoterapia: 2 grupos
– Estimulación da memoria: 4 grupos
– Animación á lectura
– Habilidades Sociais
– Tai-chi: 2 grupos
– Pilates: 2 grupos
– Ximnasia: 4 grupos
– Cachibol: 2 grupos
– Natación Iniciación
– Natación Perfeccionamiento
Así, todos os interesados ou interesadas poden solicitar máis información no número de teléfono 988 39 29 09 ou no 988 38 81 71.











