publicidade hoxe

O Concello de Oleiros instaura un novidoso servizo telemático de recepción de facturas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros, continuando coa súa política de instauración dunha administración electrónica eficaz, habilita un novo servizo para a recepción, por vía telemática, e posterior rexistro automático de facturas electrónicas emitidas por provedores.

Poderán utilizar este innovador servizo todos os provedores do Concello de Oleiros que sexan capaces de xerar e asinar as súas facturas, empregando o formato estándar establecido para a factura electrónica. Non obstante, o Concello de Oleiros resérvase a facultade de denegar o rexistro de facturas electrónicas a unha persoa ou entidade, mediante unha resolución motivada, cando se verifiquen irregularidades reiteradas na confección e remisión de facturas electrónicas recibidas.

O envío de facturas electrónicas poderase efectuar a través do Portal do Provedor ou desde a Sede Electrónica, desde onde se poderá acceder ao rexistro electrónico do Concello de Oleiros. Só serán admitidas en formato electrónico, cuxas características e as da súa evolución están descritas no portal http://www.facturae.gob.es/Paginas/Index.aspx. Por cada trámite de factura electrónica presentado ao Concello de Oleiros só se poderá achegar unha factura electrónica.

Deste xeito, o Concello de Oleiro adiántese a entrada en vigor da lei 25/2013, que impulsou a factura electrónica e a creación do rexistro contable das facturas no Sector Público e que será de obrigado cumprimento a partir do próximo 15 de xaneiro de 2015. Oleiros é un dos primeiros municipios en adaptarse a esta nova norma.

3 de agosto de 2014 | 10:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.