publicidade hoxe

O Concello de Oleiros comeza unha campaña de recollida de medicamentos para Gaza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros inicia unha campaña de recollida de medicamentos para enviar de forma urxente á franxa de Gaza, zona dos territorios palestinos cuxa poboación está sufrindo desde fai catro semanas as devastadoras consecuencias da ofensiva do exército israelí. Esta campaña, que se leva a cabo en colaboración coa Asociación Médica Hispanopalestina, realizarase a través das farmacias do municipio, que servirán como punto de depósito dos medicamentos.

Aqueles cidadáns que desexen participar poden deixar o seu doazón nos puntos instalados nas farmacias oleireses. Os bens máis necesarios nestes momentos son os produtos antibióticos, analxésicos, material cirúrxico en xeral, así como vendas, gasas e muletas. O prazo de recollida de medicamento terminará o próximo 22 de agosto, posto que a gravidade da situación que se vive en Gaza obriga ao urxente envío do material.

4 de agosto de 2014 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.