publicidade hoxe

O Concello de Neda instala unha pérgola con cuberta de brezo na fonte da Fábrica do Monte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+
Pérgola instalada

Pérgola instalada

Dende esta semana, os veciños e veciñas de Neda teñen un novo motivo para disfrutar da estancia no lugar da Fábrica do Monte e, máis concretamente, no entorno da fonte pública. E é que o pasado luns o Concello procedía á instalación dunha pérgola de madeira tratada cunha cuberta de brezo que se integra perfectamente na paisaxe. Daba deste xeito cumprimento ás peticións realizadas polos residentes no lugar e, de igual modo, poñía a disposición destes unha infraestructura que evitará a exposición ao sol da numerosa xente que cada xornada utiliza a zona como punto de encontro nun marco incomparable, cunhas espectaculares vistas á ría. Unha iniciativa que completa a actuación que o goberno municipal de Neda levaba a cabo hai uns anos e que permitiu o acondicionamento do lugar, co fundido do chan, a construcción de bancos de obra e dunha mesa de madeira, así como o revestimento da fachada da fonte con pedra.

6 de agosto de 2014 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.