publicidade hoxe

O Concello de Neda inicia as obras de construción dun peche de madeira para reforzar a seguridade na piscina natural da Cobeluda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

As obras de construción dun peche de madeira no entorno do río Castro comezaron esta semana co obxectivo de reforzar a seguridade na piscina natural da Cobeluda. Traballos que, segundo explicou o Concello, consistirán na instalación dunha barandilla a base de madeira tratada na marxe esquerda do cauce fluvial. A actuación estará finalizada este mes e conta cun orzamento superior aos 6.000 euros, que financia integramente a Xunta de Galicia, a través dunha subvención.

Con todo isto, a obra ten custe cero para as arcas locais. A construción do peche vén a completar unha primeira intervención, realizada no 2013, a través da cal se instalou unha primeira barandilla no lado oposto ao proxectado agora. Tamén con financiamento da Administración autonómica, unha e outra actuación sumarán un investimento superior aos 10.000 euros. Cada ano, o Concello de Neda pecha a presa do río Castro co obxectivo de habilitar a piscina natural da que tradicionalmente disfrutan os veciños nos meses do verán na zona da Cobeluda.

Unha zona de baño de 50 metros de lonxitude por 10 de ancho nun entorno privilexiado, en plena natureza. A medida non só dá lugar á zona de baño, senón que tamén permite a captación de auga en caso de que sexa necesaria para a extinción de incendios na época estival.

13 de agosto de 2014 | 12:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.