publicidade hoxe

O Concello de Miño convoca as axudas para a compra de libros e o comedor escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade e a Concellaría de Cultura, Deportes e Educación do Concello de Miño convocan as axudas que darán apoio ás familias miñenses con escasos recursos económicos para afrontar o próximo curso escolar 2014/2015. As axudas están destinadas á adquisición de libros de texto e de material escolar e para sufragar os custos do servizo de comedor escolar para o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria, que estude no centro público que lle corresponde pola súa residencia.

Tras a publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña ( BOP martes, 5 de agosto de 2014) das bases das convocatorias ábrese un prazo de 15 días hábiles para a solicitude das bolsas de comedor, e 20 días naturais, no caso das axudas para a compra de libros, no que as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes, a través do Rexistro do Concello, segundo o modelo normalizado; tamén poden solicitar máis información na Concellaría de Benestar Social e Igualdade.

A convocatoria dá continuidade ás axudas que o Concello concede cada ano a familias miñenses. Os solicitantes deberán estar empadroadas no Concello de Miño e ter fillos ou fillas en idade escolar obrigatoria matriculadas en centros de Educación Infantil, Primaria ou Secundaria Obrigatoria. As familias non deberán superar 7.500 euros de renda per capita anual.

5 de agosto de 2014 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.