publicidade hoxe

O Concello de Miño concede unha subvención aos empresarios para fomentar o comercio local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

O concello de Miño dispuxo a concesión dunha subvención á Asociación de Empresarios de Miño para a realización de actividades de promoción e dinamización comercial do municipio.

O Concello volve mostrar o seu apoio aos empresarios do municipio un ano máis subvencionando con 2.500 euros á Asociación local de empresarios, entidade que, con varias campañas comerciais ao longo do ano (celebración da feira de oportunidades Miño Stock, as campañas “Gaña mercando en Miño”, organización do Entroido,…) traballa incansablemente para que se incrementen as compras en cada un dos comercios da localidade, por iso para o concello, a defensa e promoción comercial é unha finalidade irrenunciable.

O alcalde de Miño, Jesús Veiga,  indica que “esta axuda é unha mostra máis do apoio municipal ao fomento da economía local a través da axuda económica a actividades que a asociación de empresarios de Miño desenvolven por iniciativa propia, ademais das constantes actividades que se impulsan desde o concello e realízanse conxuntamente coas diferentes asociacións”.

8 de agosto de 2014 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.