publicidade hoxe

O Concello de Miño asina un convenio de colaboración con Aspadisol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+
Sinatura do convenio entre Concello de Miño e Aspadisol

Sinatura do convenio entre Concello de Miño e Aspadisol

O alcalde de Miño, Jesús Veiga, asinou esta mañá un convenio no Salón de Plenos cos representantes da Asociación de pais de discapacitados psíquicos de Oleiros para o desenvolvemento das súas actividades por un importe de 600 euros.

Desta forma, o concello referenda o seu apoio ao labor fundamental desta asociación que desenvolve na comarca, a través das actividades que realizan ao longo do ano, que son de interese xeral para o Concello, e os servizos que prestan aos seus asociados, xa que no centro hai xóvenes deste concello.

ASPADISOL é unha asociación de pais de nenos discapacitados psíquicos con sede en Oleiros e a súa actividade céntrase na axuda e a atención ao discapacitado psíquico.

7 de agosto de 2014 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.