O Concello de Cedeira conclúe a remodelación integral dos vestiarios do campo municipal
O alcalde de Cedeira, Luis Rubido, xunto aos concelleiros de Deportes, Pablo Nebril, e Obras, Alfredo Vilela, realizaron onte á tarde unha visita de fin de obra ao campo municipal de fútbol do Beco. Alí, o Concello levou a cabo a remodelación integral dos vestiarios. A petición da directiva da SD Cedeira, que levaba anos solicitando a intervención, procedeuse á demolición e renovación dos vestiarios. Unha intervención que incluíu traballos de carpintería, albañilería, fontanería e electricidade e á que se destinaron algo máis de 38.000 euros. Agora, as instalacións contan con novas duchas, aseos e mobiliario.
O alcalde lembrou na súa visita a importancia en canto a práctica e afeccionados do fútbol na vila. Ademáis, e co ánimo de perxudicar o menos posible a actividade nas instalacións, o edil Pablo Nebril explicou que o Concello optou por afrontar os traballos na época de parón da competición. Así mesmo, na visita, o alcalde comprometeuse co presidente do club a dotar o recinto de catro torretas de iluminación. Compromiso que se prevé sufragar con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia para o ano próximo.
A medida facilitaría notablemente a actividade deportiva, especialmente nos meses de inverno, con menos horas de luz natural. E, ao mesmo tempo, coa instalación de iluminación eficiente lograríase rebaixar a factura eléctrica das instalación. O Concello, que valora que a intervención precise dun investimento de entre 50.000 e 80.000 euros, iniciará agora a redacción do proxecto.











