publicidade hoxe

O Concello de Boiro oficializa o apoio ao Rio Natura Monbus Obradoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Reunión no Concello de Boiro

Reunión no Concello de Boiro

O Concello de Boiro serviu como lugar de reunión entre o alcalde do municipio, Juan José Dieste, e o membro do Departamento de Mercadotecnia do Rio Natura Monbus Obradoiro, Daniel Agra, para facer oficial o respaldo que a institución vén brindando ao club nas últimas tempadas.

Alí,  o rexedor entregou a documentación que recoñece a axuda que o Concello prestou ao club mediante o patrocinio e colaboración constante nas citas do II Clínic “Desmontando ao adestrador axudante” e o Campus Obradoiro – Barbanza, ambas na súa segunda edición e celebradas nos pavillóns da Cachada e Santa Baia, cedidos pola localidade para ambas as actividades.

Daniel Agra agradeceu a Dieste “a concienciación e predisposición que a comitiva municipal presta sempre a escoitar proxectos relacionados co deporte en toda a súa variedade. Co Campus valorouse o fomento da formación mediante o baloncesto nos nenos e nenas, mentres que do Clínic destaca o feito de traer ao Concello máis de medio centenar de profesionais e amateurs do baloncesto”.

11 de agosto de 2014 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.