O Concello da Coruña saca a concurso o proxecto de reforma de 6.600 metros cadrados en Eirís

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña informa de que se licitou o proxecto para o acondicionamento de 6.600 metros cadrados no barrio de Eirís, unha parcela situada entre a avenida de Monelos e a rúa Jerónimo Vázquez Franco, sobre o falso túnel que conecta a zona co porto.

A actuación, por importe de 623.513,82 euros, inclúe a creación de 52 prazas de aparcadoiro -3 delas para persoas con mobilidade reducida-, 2 pistas deportivas con canastras e portarías, un parque infantil con 5 xogos, un circuíto biosaludable con outros 5 elementos, unha zona común con miradoiro, xardíns e o acondicionamento dun carreiro diagonal que mellorará a mobilidade peonil e a conectividade do barrio.

Esta iniciativa permitirá, por unha banda, solucionar un problema de mobilidade peonil na zona, á vez que se crea un espazo de lecer e outro de aparcadoiro que liquidan outra das demandas dos veciños da zona. O prazo de presentación de propostas para este proxecto finaliza o próximo 18 de agosto ás 13.00 horas. A previsión é que os traballos poidan comezar a finais de ano co obxectivo de que os veciños gocen deste novo espazo no primeiro semestre de 2015.

12 de agosto de 2014 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.