O Concello da Coruña aproba un convenio de colaboración coa UNEDpor importe de 75.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello autorizou a prórroga do convenio de colaboración co Padroado do Centro Asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) da Coruña durante o ano 2014. Con este acordo, por importe de 75.000 euros, o Goberno municipal cumpre o seu compromiso de favorecer accións de promoción e apoio ao ensino universitario na cidade.

A Xunta de Goberno Local celebrada o venres aprobou continuar un ano máis coa colaboración entre o Concello e o Centro Asociado da UNED da Coruña, dentro dun convenio que se formalizou en 1996, polo que xa alcanzou os 18 anos de vixencia. Esta achega municipal de 75.000 euros contribúe ao sostemento desta institución na cidade, dentro do compromiso do Goberno municipal coas actividades e accións promovidas desde o Centro Asociado da UNED da Coruña.

10 de agosto de 2014 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.