publicidade hoxe

O comercio de Allariz celebra a II Feira de Oportunidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

A Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz, en colaboración co Concello de Allariz, organizan para este fin de semana a segunda edición da Feira da Oportunidade.

Os días 30 e 31 de agosto terá lugar na Alameda a Feira da Oportunidade, en horario ininterrompido de 10:00h a 22:00h, na que participarán 15 comercios alaricanos. Roupa de nen@s e adult@s, complementos, alimentación e delicatesen e libros, entre outros, son os produtos que ofrecen os comercios alaricanos con descontos de ata o 70%.

Os comericos participantes son:Bambán, Zapatería Trevo, Anxiños, Impresión Arte, Aira das Letras, A Tenda do té, Carapuchiña Vermella, Mercería Anduriñas, Tags, L.D.M. outlet, Alicia Decor, Zapatería Lara Cordeiro e Mara Collections.

28 de agosto de 2014 | 13:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.