O Club Penedo reafírmase acadando o triunfo na proba de slalom en Caldelas de Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTui
A-
A+

O Club Penedo logrou o triunfo na proba de promoción de slalom que se disputou en Caldelas de Tui, competición valedoira para a liga Galega. Foi primeiro na clasificación final, sgeuido polo Dumbría e o Tea. Por tanto, o Penedo reafírmase na súa primeira posición na liga autonómica.

Ainhoa Lameiro, que logrou o triunfo en C-1 e K-1 infantil, foi unha das grandes triunfadoras da competición. Miguel Ángel Oliveiros impúxose en C-1 e foi terceiro en K-1. Hipólito Alves ocupou a segunda posición en K-1 alevín, o mesmo lugar que Marcos Fontán en K-1 benxamín. En K-1 alevín, Yago Varela finalizou na terceira posición.

O Club Penedo, que lidera a clasificación da liga Galega de Promoción de slalom, posúe unha magnífica canteira. Luis Fernández, concentrado co equipo nacional é o seu principal estandarte. A entidade deportiva recibiu a confirmación de que Ainhoa Lameiro e Miguel Ángel Oliveiros compartirán unha semana co equipo español a finais do presente mes de agosto.

4 de agosto de 2014 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.