O Campamento Crearte de Rianxo chega ao seu fin
Esta semana o Campamento Crearte de Rianxo chega ao seu fin, polo que temos organizadas diversas actividades tanto para os participantes como para as súas familias.
O mércores 13 celebraremos no Colexio Castelao a Festa Fin de Campamento, no que haberá música, xogos, inchables, festa da escuma,…
O horario será de 10:30 a 13:30.
O xoves 14 terá lugar o Festival Fin de Curso, no que os nenos e nenas do campamento interpretarán diversas cancións e mostrarán moitos dos traballos que levan realizando durante o campamento,como a presentación da canción do Campamento, composta polos propios nenos, e a mostra da maqueta da vila de Rianxo, un traballo colaborativo realizado nas últimas semanas e onde mostran o seu lado máis creativo. O horario será de 12:30 a 13:30.











