O Basticore 2014 reunirá en Oleiros a un selecto grupo de bandas musicais independentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOleiros
A-
A+

Un ano máis o vindeiro 16 de agosto desde ás 16.30 ata ás 02.30 horas terá lugar na Pista de Skate de Bastiagueiro o BASTICORE 2014. Este festival nace hai catro anos, grazas as gañas e ilusión dun grupo de rapaces e rapazas de Oleiros, que acabarían por formar o colectivo Ruído Branco, e que se plantexaban o ambicioso obxectivo de ofrecer e así poder gozar dunha mostra das principais bandas emerxentes a nivel local e galego de estilos marxinados pola oferta tradicional de concertos como o punk, ska, hardcore… Un festival que quere dar a oportunidade aos grupos de Oleiros á vez que a formacións galegas de referencia.

O Concello de Oleiros, seguindo a súa liña de apoio as asociacións culturais e sobre todo de apoio as iniciativas xuvenís, aposta firmemente por esta iniciativa cultural e tamén por este grupos de rapaces e rapazas que queren que Oleiros, e polo tanto o Basticore, se consoliden cunha cita fixa no calendario musical alternativo galego.

Nesta edición serán os: Día de Furia, Cró!, Uppercut, IDLS, True Mountains, The Chaos is Coming, Science is made up of mistakes, Iván Abrasive, Nave Nodriza, Hard Gz, os que poñan todo sobre o escenario para que sexa unha noite inesquecible. De xeito conxunto aos concertos, Vazva organizará unha exhibición – concurso de skate, “€xBarro”, onde os premio irán desdes 300 euros a 10 euros por truco.

8 de agosto de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.