publicidade hoxe

O Barco Muralla da Deputación chega a Foz coincidindo coas Festas de San Lourenzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFozLugo
A-
A+

O Barco Muralla da Deputación amarra durante esta fin de semana en Foz, coincidindo coas Festas de San Lourenzo, logo de recibir a visita de máis de 3.000 persoas na súa estancia no Concello de Burela durante a celebración da Festa do Bonito e PRODUART. O organismo provincial continua deste xeito no municipio focenses recabando apoio popular á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade -logo de acadar máis de 1.000 sinaturas-; e promocionando os produtos autóctonos e os recursos naturais da provincia.

Na aula turística medioambiental estarán os libros oficiais da UNESCO, información sobre a Ribeira Sacra, Terras do Miño, Os Ancares Lucenses, Río Eo-Oscos-Terras de Burón, o Courel, as Costa…; así como produtos autóctonos para a súa degustación.

O Barco Muralla recalará en máis de 70 localidades lucenses durante esta tempada, aproveitando a celebración de multitudinarias citas pola provincia, que reciben centos de visitantes, para impulsar a campaña de sensibilización cidadán en apoio á candidatura da Ribeira Sacra e dar conta da riqueza lucense. 

Lugo conta con tesouros naturais únicos que o organismo provincial quere promover dentro e fóra do seu territorio. É a maior das catro provincias galegas, ten montes, vales, canóns, depresións e costas. Na actualidade, están recoñecidas tres Reservas da Biosfera que ocupan máis do 59% da súa superficie, ten 71 praias, moitas delas distinguidas con bandeira azul, e 100 quilómetros de litoral, ademais de contar cun humidal de importancia internacional

11 de agosto de 2014 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.