O Azkar Lugo xa ten capitáns e dorsales

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+
Capitáns do Azkar Lugo

Capitáns do Azkar Lugo

O Azkar Lugo F.S. xa sabe quen serán os capitáns do equipo para a próxima campaña e os dorsales que vestirá cada un dos seus xogadores.

O primeiro capitán do Azkar Lugo F.S. será Antonio Diz, quen esta tempada cumprirá a súa quinta en Primeira División, na que debutou na tempada 2009-2010; Antonio Diz chegou ao primeiro equipo logo de cumprir toda a súa etapa formativa na Escola Terra, e converteuse nun xogador de peso tanto na pista como no vestuario. Para Antonio Diz esta será a terceira tempada que porte o brazalete

 O segundo capitán será tamén outro dos homes da casa, Diego Núñez, que encara a súa terceira tempada en Primeira División; Diego Núñez foise gañando pouco a pouco un posto no primeiro equipo, ao que chegou tras pasar por todos os equipos das categorías inferiores do club dendea súa chegada á Escola Terra con 9 anos. Diego Núñez portará por segunda tempada o brazalete de capitán.

Acompañando aos dous internacionais sub-21 estará Mimi como terceiro capitán. É o xogador máis veterano do plantel, e inicia esta tempada unha nova etapa no equipo lucense, procedente do Burela Pescados Rubén, logo de estar 5 anos (2006 a 2011) no Azkar Lugo F.S. onde tamén tivo o rol de capitán nalgunha tempada.

Dorsales

Todos os xogadores xa elixiron os seus dorsales de cara á tempada 2014-2015.

 1.Óscar Iglesias

2. Mimi

4. Cospe

5. Diego Núñez

7. Iago Rodríguez

8. N. Pedraza

9. Antonio Diz

10. Álex Diz

11. Javi Río

13. Illi

14. Rubas

17. Manuel María

18. Jose López

20. Adri

Están realizando tamén a pretemporada co primeiro equipo os canteiráns Porto, Asier, Nacho e Costoya; polo que na actualidade hai 16 canteiránsd un total de 18 xogadores.

14 de agosto de 2014 | 13:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.